Supersticiosas que me leen

martes, 30 de abril de 2013

Juan Pardo y Xil Ríos - Xirarei

Levo todo o día de onte mais hoxe coa ista canción, e tarareando sen darme conta...teño un ataque de " Galicitis aguda"...vou ver "Luar" en arquivo....

XIRAREI - JUAN PARDO

Canto máis te vexo
máis me atroxo
e co xeito de teu corpo
vas facendo que eu me sinta
máis coitado que un rapaz
Téñolle máis medo
aos teus ollos feiticeiros
có nubrado
dunha noite de meigallos
chea de agoiros do mal

E, pra namorarte xirarei
xirarei... xirarei coma a roda do muíño
xirarei nas túas augas de muller
xirarei un por un os teus camiños
pra namorarte xirarei e xirarei

Xirarei como ti digas e queiras
pra buscarche a beirada xirarei
e ben sei que coa miña toleira
namorareite xirarei e xirarei

Es como a pomba viaxeira
que voando vas na feira
das mentiras e verdades
e non sabes onde vas

Canto máis te vexo
máis me atroxo
e co demo de teu corpo
vas facendo que eu me sinta
máis coitado que un rapaz

E, pra namorarte xirarei...
xirarei coma a roda do muíño
xirarei nas túas augas de muller
xirarei un por un os teus camiños
pra namorarte xirarei e xirarei

Xirarei como ti digas e queiras
pra buscarche a beirada xirarei
e ben sei que coa miña toleira
namorareite xirarei e xirarei         

1 comentario:

  1. yo soy mas de Asturias y Victor Manuel...jaja quien lo diria
    Un besote

    ResponderEliminar

¿Y qué te parece?